Ó camiñante descoñecido, da serie: Paseo por Fene
Monumento situado en Barallobre, Fene, ideado por D. Alfonso Piñón e que foi inaugurado o 1 de xullo de 1934 por D. Ramón Otero Pedraio e D. Ramón Vilar Ponte, entre outras personalidades da época.
Foi o primeiro monumento do mundo adicado ó camiñante e conta con varios bancos na memoria de galegos ilustres e unha biblioteca ó aire libre.
Inicialmente foi construído ó carón da estación do ferrocarril e reubicado á beira da estrada da Palma no ano 1984, cando se lle engadiron tres novos bancos adicados a Castelao, Vilar Ponte e ó meu veciño Xosé María Pérez Parallé.
Para Piñón: "O camiñante descoñecído é o traballador que pasa e é a muller que traballa a terra buscando o benestar da súa familia; e é o ledo excursionista; e é a muller que pasa aloumiñando a lonxanía, agardando a volta do home emigrado; e é o neno que vai tódolos días á escola, e é a parella namorada que pasea a súa felicidade polo mundo. O camiñante
descoñecido é o home que viaxa na procura de aventuras, e é o vagabundo, que non busca nada, porque xa encontrou todo; e é o pobre que vai de porta en porta; o é o defunto que pasa a carón noso fácendo a súa última viaxe; e é o río que camiña eternamente ata o mar".
Ningún comentario:
Publicar un comentario