Un bodegón sinxelo no que quero amosar un traballo de reciclaxe que fixen tallando o vidro destas dúas botellas de viño alvariño coas que nos agasallaron uns amigos para compartir unha agradable velada. (É unha mágoa que ó subir as fotografías a Blogger perdan a intensidade das cores).
Tamén quero celebrar con esta foto as máis de 10.000 veces que pasáchedes por aquí a ver as miñas obras fotográficas, agardando que algunha vos gustara e que non deixedes de vir de vez en cando.
Grazas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario