SIRIA
A fotografía non sempre amosa beleza.
Hoxe en tódalas redes sociais e nos medios de comunicación non para de falarse dunhas imaxes captadas pola fotógrafa turca Nilüfer Demir nas que aparece o cadaver dun neno nunha praia afogado xunto con outras once persoas (7 meniños) cando tentaban seguir as súas vidas fuxindo da barbarie que está acontecendo no seu país.
Estáse a cuestionar por moita xente á fotógrafa por ter publicado esas fotografías pero eu penso que a quen temos que cuestionar é ó noso propio "mundo" por permitir que pase o que está pasando.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario