#RIOSDEFENE é un proxecto fotográfico no que intento abordar e poñer en valor desde os puntos de vista documental, arquitectónico e da fotografía de autor a situación e o estado actual dos que no seu día foron as "redes sociais" da nosa cultura, os rios de lavar (lavadoiros) que, ó igual que en moitos outros lugares da nosa Galiza, se espallaron durante os tres primeiros cuartos do século XX, principalmente nas décadas dos cincuenta e sesenta, alí onde había un manantial, regato ou río que regase as terras do meu concello: Fene.
Trátase dun paseo circular que recorre 7 das 8 parroquias fenesas: Fene, Sillobre, Magalofes, Barallobre, Maniños, Limodre e Perlío, xa que San Valentín foi urbanizada cando as lavadoras eléctricas empezaban a converterse no peor inimigo para estas emblemáticas construccións durante os anos setenta. Neste paseo visito os "rios" públicos ou privados a os que calquer camiñante pode acceder polos rueiros e camiños de este concello situado a o sur da Ría de Ferrol.
Ningún comentario:
Publicar un comentario