MESTRES CERAMISTAS NO MUÍÑO DO POMBAL




No muíño do Pombal, en Maniños,  a onde acudo dende hai uns meses a os talleres de cerámica impartidos pola mestre ceramista Carme Romero, tiven onte a ocasión de asistir e poder fotografar un dos momentos máis agardados por calquer ceramista, ese momento despóis de que o lume xa fixo o seu labor no que toca abrir o forno para, pouco a pouco e coa mesma delicadeza e agarimo co que unha nai ou un pai collen ó seu bebé recién nacido, coller unha a unha as súas obras aínda quentes e ver o resultado final do seu traballo.


Gozando da fornada.




Entre as pezas que van saíndo do forno Carme Romero recolle e fai a entrega de unha das últimas creacións  do "noso" grande artista e Mestre Ceramista D. Francisco Pérez Porto, que remata a ensamblaxe da súa obra.
















Todo un pracer poder gozar de este momento e de estas obras.

Ningún comentario: