Ría de Ferrol, marzo 2022.
Hai tempo que veño fotografando entre as paisaxes da nosa ría as instalacións de unha pranta regasificadora que a alguén ocorréuselle un día que sería unha boa idea poñer á carón da cidade e das vilas e pobos de ferrolterra. Lóxicamenta son fotografías nas que non busco amosar a beleza natural do noso mar e o seu entorno.
Creo que ata agora esta é a imaxe que mellor representa o que andaba a buscar cada vez que apuntaba co obxectivo cara a estos vultos de formigón. É unha fotografía que me inspira, ou mellor dito, que me fai sentir, que me fai lembrar.
Lembrar aquelo que falabamos a rapazada nos tempos da escola cando se dicía que os rusos tiñan misiles que apuntaban directamente a Ferrol por ser un punto estratéxico, pero non había problema: os americanos apuntáballes a eles.
E sentir, sentir sinto carraxe.
Será a culpa do que está pasando...
Ningún comentario:
Publicar un comentario