E as rúas enchéronse de música

De música, de bailes, de moda e de xente para desfrutar dunha xornada de ocio e comercio organizada polos mercadores da asociación "O Cruceiro" de Fene. Os meus parabéns por esta iniciativa que pode ir consolidándose coma unha festa popular máis nas nosas rúas, das que convidan á xente a saír a pasear, e lóxicamente a mercar no comercio local.
O que non serei capaz de entender nunca é o empeño que hai en chamarlle a estos eventos "fasion nait", tamén podían chamarlles, aínda que parte deles se celebren cando aínda é día: Noite da Moda, Fene 2022, por exemplo. 









 

Ningún comentario: