Meigas sabias e mulleres boas


 "Meigas sabias e mulleres boas" é a exposición de escultura en cerámica que onte inauguraba na sala de exposicións do Concello de San Sadurniño a miña amiga e mestra Carme Romero, e que estará aberta ata o día 15 de decembro.


Os catro elementos xúntanse na obra de Carme para levarnos a outros mundos, para facernos imaxinar e achegarnos a desexos posibles, a desexos de cores.




Podemos pensar o que nos pete...


escoitar un debate dos compañeiros que tamén viñeron...



imaxinar a nosa Terra de ocres e verdes, as nosas fragas cheas de paxaros cantores,








de meigas sabias,


e de mulleres boas.


San Sadurniño, Casa do Concello do 4 de novembro ata o 15 de decembro de 2022. 
A Coruña.

Ningún comentario: