Xogando na neve



Aproveitando as nevaradas da semana pasada, moitos das mariñas subimos a cotas máis altas para disfrutar das brancas paisaxes ás que non estamos acostumados. Mentras uns xogaban e arrolaban pola neve, outros disparabamos as nosas cámaras.
Estas son algunhas das fotos que trouxen no meu sensor:



















































OUTONO NA FRAGA



Perigosa beleza no outono das fragas.

1º PREMIO DO IX CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CONCELLO DE NEDA, 2009




O lema do concurso de este ano era "Os nosos maiores" e tratábase de presentar retratos de persoas maiores residentes no Concello de Neda.
Despóis de pasear varios días por aquelas rúas e camiños buscando modelos para retratar só conseguín que posaran para mín seis persoas, que o fixeron con gusto, facilitándome os seus datos personais e a autorización para o uso da súa imaxe.
Alomenos outros tantos negáronmo, argumentando motivos do máis curioso: "Non, que a mín no concello coñécenme porque teño un litixio polo peche dunha finca..."; "A min non, que aínda os hai mais vellos que eu..."; "Non, que eu fun concejal e non me gusta sair nesas cousas ..." ¿...?
Imaxino que por motivos semellantes a concurrencia ó certame deste ano non foi moi elevada, confirmando a teoría que dí que os humanos somos reacios a que nos fotografíen, e moito máis si esa fotografía vai ser usada de xeito público.
Será a vergoña?...

Os meus "éxitos" do verán



Fotográfica-mente non estivo mal de todo este verán, xa que despois da foto do Ateneo Ferrolán da entrada anterior, algún outro traballo tivo un recoñecemento público, o cal me enche de ledicia.
“Lobadíz e Illas Gabeiras” e “Praza de Armas” estiveron entre as vinte finalistas do Spinnaker 2009 colgadas no peirao de Curuxeiras. Onde se trataba de representar o patrimonio turístico de Ferrolterra. (Parabéns tamén para Gelis, Fris, e por suposto a Bonistar por ese premio).












“Tira!!” foi galardoada co 3º premio do “II Certame de fotografía da Festa do Cabalo” convocado pola Asociación Veciñal de Magalofes e Radiofusión.

… moi rico todo.
Tamén son de agradecer os múltiples parabéns por parte de varios membros da redacción e fotógrafos de La Voz de Galicia por unha reportaxe sobre un dramático accidente vivido nunha estrada que pasa por Maniños, e que foron primeira páxina e reportaxes interiores nas edicións dos días 29 e 30 de xullo de 2009.

Todo un pracer



Todo un pracer escoitar os sons da auga,
dos paxaros, do ar,
contemplar as verdes cores,
disparar esta fotografía.
Todo un pracer que fose seleccionada polo xurado para participar no XIX Certame Fotográfico Medio Ambiente 2009 do Ateneo Ferrolán, na exposición que se está a celebrar nas súas instalacións da rúa Magdalena, 202-204 ata finais de este mes de xuño, no seu catálogo, e nas exposicións que se celebrarán polo país adiente, durante este ano cos traballos seleccionados.
E todo un pracer, cómo non, vela colgada entre as de admirados colegas.
Parabéns Fran e Fris.


Pintando desexos






Mollei as mans na auga fría
sentindo a calor das estrelas.

Pechei os ollos:

Tinguir a vida de cor,

quixera pintar toda a terra,
de verdes,
de azuis,
de amarelos...




Retratos de Antroido



A bela Sonia






algúns puxéronse verdes





vampiresas sedentas...





saltimbanquis polas rúas





Marina alegra a carnicería co seu humor





algunhas perruqueiras fixeron o pallaso





...e ata a pobre viúva posou para a revista.

Sementes dos ventos









Chegou arrasándoo todo,
soplando máis forte que o vento,
pechando camiños,
meténdonos medo.

Sementes agachadas
entre as verdes mantas
ergueránse de novo
no medio das Fragas.

Cicloxénese Explosiva



"Durante a noite do 23 ao 24 de xaneiro do 2009 Galicia viuse afectada por un fenómeno coñecido como cicloxénese explosiva, que se formou no atlántico o xoves 22 pola tarde. Esta cicloxénese orixinouse polo choque entre unha masa de aire quente tropical con outra moi fría. O encontro deu lugar a unha borrasca profunda con ventos moi intensos que cruzou o norte da Península o longo da madrugada do sábado 24 de xaneiro."


E aínda encima fixo un vento de carallo.

Magalofes





Cámara Olympus E-400, ISO 100, distancia focal 73 mm (eq. 146 mm), f/8 - 1 sg, filtro polarizador e trípode

Caricias eternas


A os pés do xigante que chisca os ollos,
o son do silencio que brúa por dentro.

Caricias eternas,
o soplo do vento.



Cámara Olympus E-400, ISO 100, distancia focal 40 mm (eq. 80 mm), f/8 - 15 sg., filtro polarizador e trípode.

Brrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrr




Cámara Olympus E-400, ISO 100, distancia focal 14 mm (eq. 28 mm), f/8 - 1/60 sg, filtro polarizador e trípode.

Outono nun piñeiral das Armadas, Maniños.




Cámara Olympus E-400, ISO 100, distancia focal 42 mm (eq. 84 mm), f/5.6 - 1/15 seg, filtro polarizador , flash Metz Mecablitz 48-AF1 e trípode.

Samaín






Aínda hoxe, igual que cando eu era un neno,
cando nais e avoas andan a arranxar flores para levar ós cemiterios,
pais ou avós traen para a casa a máis fermosa cabaza que dou a leira
para que os nenos a baleiren e lle acendan a vela,
ou alomenos que a miren e que rían con ela.

Por sorte hoxe xa todos os nenos poden gozar da súa cabaza.
Xa as podemos mercar nos comercios
e ata poñer o disfraz de jalogüin para celebralo.

Tamén nos quedan as castañas e poder quentar o corpo cunha boa queimada.

Cámara Olympus E-400, ISO 100, distancia focal 22 mm (eq. 44 mm), f/8 - 1,6 sg, trípode

Outono no parque




Cámara Olympus E-400, ISO 100, distancia focal 119 mm (eq. 238 mm), f/11 - 1/3 sg, filtro polarizador e trípode

Historia de pedra




Lembranza de tempos
vixía da terra
tocando nas nubes
gardando de nada.

Cámara Olympus E-400, ISO 100, distancia focal 17 mm (eq. 34 mm), f/5,6 - 1/80 sg., filtro polarizador e trípode.

Paisaxe na praia



Cámara Olympus E-400, ISO 100, distancia focal 17 mm (eq. 34 mm.), f/8 - 1/80 sg., filtro polarizador e trípode.

Chega o outono






Xa empezan a aparecer os cogumelos polos nosos montes, pronto as cores do outono cubrirán as nosas paisaxes e os diminutos gnomos voltarán ós seus traballos.



Cámara Olympus E-400, ISO 100, distancia focal 150 mm (eq. 300 mm), f/8 - 1,3 sg. filtro polarizador e trípode.

Brath







Cámara Olympus E-400, ISO 800, distancia focal 58 mm (eq. 116 mm), f/4,4 - 1/25 sg.

Tocando o ceo






e disfrutando do indescriptible pracer de sentirse iluminado polo sorriso do sol e a da lúa.



Cámara Olympus E-400, ISO 100, distancia focal 55 mm (eq. 110 mm), f/8 - 1/20 sg., filtro polarizador e trípode.

Xogo







Cámara Olympus E-400, ISO 100, distancia focal 14 mm (eq. 28 mm), f/11 - 40 sg. Trípode

Buscando a luz





Pola costa de San Xurxo.


Cámara Olympus E-400, ISO 100, distancia focal 40 mm (eq. 80 mm), f/8 - 1/13 sg. filtro polarizador, filtro degradado gris y trípode.