Hai uns rapaces na miña terra que se fan chamar "Los Tigres del Cañotas", creo que é porque todos beberon das fontes que hai perto do río que lles da o nome (agora chámanlle río Cádavo), o de tigres non entendo ben porque é.
Coa chegada do estío, as nosas costas enchense de cor, praias ateigadas das cores de moda, das cores da xente, das cores dos coches, as toallas, os parasois, os papaventos...
pero aínda nos quedan as praias do sur, onde o solpor se enche da cor natural, de verdes, azuis, amarelos... que tinguen quilómetros de costa pola que pasear, ollando as gaivotas,
sentindo as correntes que moven a area, que traen as mensaxes de naufragos tolos que ninguén lee.
Onde nos levan os contos dos vellos que voltan á casaco cheiro da auga dos mares amigos. As donas da rúa escoitan e agardan que pasen os días. Os nenos agachan os soños, as rúas tranquilas.
Nesta curiosa "praia de fina area" ó pé dos acantilados de Loiba, na comarca de Ortegal, tamén pode verse un curioso sistema, hoxe en día motorizado, para subir as barcas ós seus refuxios.
-Cámara Olympus E-400, ISO 100, distancia focal 14mm (eq. 28mm) f/8 - 1/80 seg. Filtro polarizador e trípode.