OUTRA DE LOBADÍZ




Esta é unha das zonas que máis me gusta da costa Ártabra.

CHOVE NA PRIMAVERA




Unha tarde de primavera despóis de chover no xardín de Chelo.

RIO CUBERTO











Alí onde as pedras agachan o río.

(É unha mágoa que ó subir as fotos a Blogger se perdan a intensidade é a beleza dos verdes.)


O TROMPETISTA






Unha mañá soleada que invita a pasear polas rúas,
unha fermosa melodía,
as bágoas dunha trompeta na compaña dun equipo
que alguén deixa alimentar,
posiblemente sin condicións.
Chiscar un ollo,
unha pequena axuda...
...Un artísta.


9 CACHORROS DE PURA RAZA






Técnicamente non hai por onde collela, mal exposta, desenfocada, ruído por todos lados... A cámara estaba mal configurada, pero tiña que recuperala de algún xeito porque a composición gustoume e xa é imposible repetila.


GAIVOTA URBANA





O SEÑOR DAS POMBAS







COSTA DE LOBADÍZ





ORELLAS DE CHOCOLATE




Para os larpeiros unha variedade das típicas orellas do antroido: Orellas de chocolate. Mmmmmm...


AQUÍ XA NON HAI PISTOLAS...











Só arte...
...e ruínas.
Anacos de ladrillo, lixo e silvas que nos deixou como herencia o "glorioso" pasado en todos os puntos estratéxicos da nosa costa ártabra.


MAR DE FONDO






Remataba a tarde con mar de fondo,
a bruma agachaba o sol,
marchábame,
pensando que non estaba,
e saíron as luces a sorrirme
antes de que me fora.

CACHALOTE EN LUME BOO





O pasado venres morreu nas costas de Doniños un exemplar de cachalote femia de 11 metros de longo e unhas 24 toneladas de peso. que quedou varado na cala de Lume Boo.
Según o que apuntan os técnicos da SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural) as causas da súa morte poden tratarse de unha enfermedade, a lonxevidade do animal ou a posible inxesta de algún aparello de pesca, xa que atoparon restos deixados por unha rede na súa mandíbula.
Agora a SGHN pretende que o cetáceo se traslade ás instalacións do Porto Exterior de Caneliñas e alí separar a súa carne, para o seu tratamento como residuo por unha empresa especializada, do esqueleto, que quedaría exposto nas novas instalacións do museo da Sociedade.
Como non podía ser de outra maneira, o problema xurde á hora de decidir quén se encargará de facer ese traslado "tan costoso" dende a praia de Lume Boo ata o porto exterior.
Será o Concello de Ferrol?, será a Autoridade Portuaria?, ou podería ser a Xunta de Galicia?...

Agardemos que o pobre animal non continúe o seu ciclo biolóxico nesta pequena cala e algún día o seu esqueleto poda ser admirado polos visitantes do museo da SGHN.


ENTRADA DA RÍA DE FERROL





Solpor ó pé do castelo da Palma.



ESTÁ REMATANDO O OUTONO


Estas son algunhas das fotografías de este outono do 2010 que está a piques de rematar.







Na beira do mar, perto do castelo da Palma.




Xeada en Perlío.














Paseando xunto ó río Belelle,










xunto o Grande de Xuvia,














e tamén xunto o Eume.






Despóis de chover.






Antes de caer no chán da propiedade do home.






AS QUE FORON CANDIDATAS (11)




2º Premio














X Concurso fotográfico Concello de Neda.
Vida cotiá. 2010.



AS QUE FORON CANDIDATAS (10)




2º Premio















III Certame fotográfico Festa do Cabalo.
Magalofes. 2010

AS QUE FORON CANDIDATAS (9)













I Concurso Naturalmente As Pontes. 2010