Simplemente


 Simplemente un ramalliño na praia de Perbes. A Coruña.


Últimos baños.


 Praia de Chanteiro, Ares.

Lume do sol na ría


 Gostaríame pensar que o lume que se vexa na ría de Ferrol sexa sempre o que nos fai imaxinar o noso sol nalgúns momentos efímeros dos paseos ao carón do mar. 

Gostaríame que ninguén vira nunca lume na ría.

Fotografía dende o peirao de Barallobre con un pescador no peirao de Maniños. No fondo á esquerda os depósitos e intalacións de unha pranta de gas... á dereita Ferrol.

Fotografías para ver na radio. Sés


Fotografías para ver na radio. Sés en Radio Fene

Río Grande


Últimos metros do Río Grande de Xubia antes de mesturarse co salitre que ven do Océno Atlántico para formar parte da ría de Ferrol.

Paisaxe primaveral

con un estaleiro que non fai barcos ao fondo.

Lucía, Ruliña, Punta Arnela...


 e máis un home do que alguén dixo que era o mellor pescador de todo Fene.

Non sei se é certo ou non. 

Grazas pola foto Avelino.


 

Pintando guindastres


Segue o inverno a ofrecernos as súas cores, esta vez para pintar o pórtico guindastre do estaleiro que non fai barcos.

Máis de cores e solpores. O parque do Pallaso.



Con cores, solpores e luces do inverno agasállanos, case no centro urbano de Fene o coñecido popularmente como "O parque do pallaso" 


Coñecido por ese nome grazas ao monumento co que o artísta Francisco Pérez Porto homenaxea con unha gran escultura cerámica a este personaxe tan popular e agarimoso e que a tantos nos recorda ao Fofó da nosa infancia


Aínda que o seu nome "oficial" é o de Parque Castelao, tamén pode ser chamado A Galaxia imaxinaria, aínda que coido que poucos veciños o coñecen así.



Algún día alguén retomará a idea de facer útil o edificio antes de que desapareza totalmente asolagado.







 

Solpores de inBerno


 Praia de Ber, Pontedeume.

Paisaxes de cores

De Barallobre a Ferrol

Aquí


 Ao pé do mar de Barallobre.

Fotografías para ver na radio.

Pois si, hoxe pasei polos estudios de Radio Fene para quitar unhas fotos que se verán próximamente na radio... Século XXI.
 www.radiofusion.eu


Hai un camiño que sube


 Todas as montañas teñen un camiño que sube.

Perlío, paseo por Fene.


Relacións simbióticas

Cadros abstractos atopados. 
Terra é sabia, vive, alimentándose de ela mesma, para ela...
Despóis estamos nos.


Paisaxes da nosa ría.

 



A ría de Ferrol entre o fume ou a néboa.

Ben podería ser néboa, pero neste caso trátase dos fumes provocados polas queimas domésticas controladas. Non quedan mal na foto, senón fora...



Paisaxe natu...strial.


 Primeiras raiolas de sol pintan o frío azul da ría de Ferrol. 

Agardando a hora de xantar.


 Non é un paseo matutino á beira do mar, é horario laboral.