O Cristo dos Castros. Fotografías para ver na radio.
Retrato de Xesús Rodríguez Novo, intérprete do papel de Cristo, o rexente de O Santiagués, un local histórico no barrio dos Castros no serial radiofónico "Os incurábeis" baseado na novela do mesmo nome do escritor Antonio Tizón e no que colaboro facendo as fotografías para ver na radio.
Aquí tedes o enlace ao audio do primeiro capítulo de este "podcast" que podedes seguir en www.radiofusion.eu
Etiquetas:
Fotografías para ver na radio,
retrato
Río Baxoi
Mansiño chega o río Baxoi á súa desembocadura na praia de Miño, onde mestura a súa auga coa da ría de Betanzos.
Reserva da biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Solpores tormentosos
Tiña o presentemento de que hoxe as nubes do solpor agasallaríanme con algunha fotografía interesante. Creo que acertei.
De alí a pouco tiven que escapar para abrigarme no coche.
Un día de setembro na Praia de Doniños, Ferrol. A Coruña.
Lume do sol na ría
Gostaríame pensar que o lume que se vexa na ría de Ferrol sexa sempre o que nos fai imaxinar o noso sol nalgúns momentos efímeros dos paseos ao carón do mar.
Gostaríame que ninguén vira nunca lume na ría.
Fotografía dende o peirao de Barallobre con un pescador no peirao de Maniños. No fondo á esquerda os depósitos e intalacións de unha pranta de gas... á dereita Ferrol.
Río Grande
Últimos metros do Río Grande de Xubia antes de mesturarse co salitre que ven do Océno Atlántico para formar parte da ría de Ferrol.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)









































