Bombeiros moteiros


Atopeime na praia de Caranza con este grupo de Bombeiros de Ferrol facendo prácticas de salvamento con motos de auga. Aquí penso que estaban desfrutando como moteiros, pero por desgraza non sempre é así. Grazas!.












 

" "


Agardando un título.

Remate de un día de praia.

Praia da Magdalena, Cabanas. Pouco antes de que a néboa oculte o sol.

Néboas que veñen do mar


Pontedeume, unha tarde de agosto.

Unha triste realidade

 


Carlos Callón fala aquí do que acontece co meu idioma no meu país no Club de lectura de Radio Fene, Radiofusión. UNHA TRISTE REALIDADE



Un pandereteiro de Fene

O día 1 de xullo de 2022 pasou por San Valentín o Xabier Díaz a dar un concerto con As Adufeiras do Salitre, Roberto Grandal e Iván Costa.




Un agradable solpor no paseo marítimo para desfrutar da súa arte.




Tamén estivo a miña amiga e mestra ceramista Carme Romero a facerlle entrega de unha obra co seu pandereteiriño particularar, agasallo do C.P.S: de San Valentín, que tamén o agasallou con un mandil co logotipo da sociedade.









 

Fotografías para ver na radio. Eugenia Sanmartín.


 A artista Eugenia Sanmartín nunha das sesións da gravación do serial radiofónico "María Casares. Eu son do océano" nos estudos de Radio Fene.

Podes escoitar os audios dos capítulos de este serial no apartado de radio á carta na páxina de Radiofusión ou nas historias destacadas do meu perfil de Instagram @xanxenfotos.   

E as rúas enchéronse de música

De música, de bailes, de moda e de xente para desfrutar dunha xornada de ocio e comercio organizada polos mercadores da asociación "O Cruceiro" de Fene. Os meus parabéns por esta iniciativa que pode ir consolidándose coma unha festa popular máis nas nosas rúas, das que convidan á xente a saír a pasear, e lóxicamente a mercar no comercio local.
O que non serei capaz de entender nunca é o empeño que hai en chamarlle a estos eventos "fasion nait", tamén podían chamarlles, aínda que parte deles se celebren cando aínda é día: Noite da Moda, Fene 2022, por exemplo. 









 

Moteiros no faro de Meirás


 Ruta moto-turística ata as terras de Meirás, Valdoviño cos Fojeteiros de Narón.

Agasallando risa

E agasallándome con esta foto a grande artista Paula Carballeira. 
Poucas fotos das que levo sacado fixéronme tanta ilusión coma esta, había moito tempo que tiña gana de reencontrarme con Paula e de pedirlle unha foto, non volvera a vela, non sendo nas imaxes das pantallas dos medios onde sempre nos agasalla con risa e o seu bo facer nos escenarios, desde os tempos dos inicios de Radio Fene, hai xa nonseicantos anos, onde ela colaboraba con un programa sobre letras e poesía e eu con "Catro ferros, un motor e dúas rodas" sobre motos e coches.
Atopeime con ela en Fene, na presentación do libro de Pitusa Arias e de Carlos Sardiña "María Casares. Eu son do océano."
Grazas Paula.!!!

A fonte da Galaxia Imaxinaria


Parques que invitan a imaxinar, a pasear, a escoitar os paxaros, a xogar, a sentir... a amar.
Non importa se é unha galaxia imaxinaria, se está adicado a Castelao ou a o pallaso que nos fai rir. Un parque para desfrutar.
Fene, maio de 2022.
Moitísimas grazas Marco e Claudia por regalarme esta imaxe.

A tardiña

Praia de Santa Comba, Ferrol.

Chorimas

As flores dos nosos toxos e o mar da ría de Ares. Praia de Coído, Fene.

Piares nas Pías.

Ría de Ferrol, ano 2022.
Piares que van a soportar os muiños de vento que un día zoarán sobre outros mares. Se cadra, mares que un día cruzaron os barcos que sairon do estaleiro que xa non fai barcos.

Praia de Coído

Limodre, Fene. 
Mares da Ría de Ares.